Escaravello couraceiro, couraceiro vermello. Chámanlle soldado en moitas partes de Europa.
Moi común na Península. Alongado, 1 cm. Moi chamativo, laranxa-vermello con ollos e antenas negras. Tamén están escurecidas as puntas das patas e dos élitros brandos, pouco queratinosos.
Nas flores do meu perexil hai ducias e ducias apareándose sen parar desde a primavera. Logo as femias ponen ovos na terra onde crecen lavas en letargo no inverno e na primavera emerxen os adultos. Son insectos aliados e beneficiosos, como todas as cantárides: tanto os adultos como as negras larvas comen insectos nocivos (pulgóns, moscas, chinches…) e favorecen a polinización de diversas umbelíferas (perexil, fiúncho, cilantro…).



Ningún comentario:
Publicar un comentario