xoves, 13 de xullo de 2023

Bolboreta marrón

Lasiommata megera vivissima


Bolboreta marrón. Mugardos, Xuño de 2023.

Entrou na casa e libereina despois de pousárseme sen problema na man.

Os exemplares adultos voan entre marzo e abril até agosto, pero poden chegar a outubro.

O efecto mariposa é a idea de que unha secuencia interminable de feitos, aparentemente desencadeados entre sí, acaban por ter consecuencias completamente impredecibles. Pequenas variacións dun modelo ou sistema predeterminado poden producir grandes cambios no futuro do mismo.

domingo, 2 de xullo de 2023

Cantáride vermella

RHAGONYCHA FULVA. Mugardos, 2 de xullo de 2023.

Escaravello couraceirocouraceiro vermello. Chámanlle soldado en moitas partes de Europa. 

Moi común na Península. Alongado, 1 cm. Moi chamativolaranxa-vermello con ollos e antenas negrasTamén están escurecidas as puntas das patas e dos élitros brandos, pouco queratinosos.

Nas flores do meu perexil hai ducias e ducias apareándose sen parar desde a primavera. Logo as femias ponen ovos na terra onde crecen lavas en letargo no inverno e na primavera emerxen os adultosSon insectos aliados e beneficiosos, como todas as cantárides: tanto os adultos como as negras larvas comen insectos nocivos (pulgóns, moscas, chinches…) e favorecen a polinización de diversas umbelíferas (perexil, fiúncho, cilantro…).