sábado, 1 de agosto de 2020

Mosca común

MUSCA DOMESTICA

Mugardos. 26/7/2020
Non me pareceu unha mosca común dado o tamaño que tiña, e segue sen parecermo. Iso é porque as moscas que adoitamos ver aquí son pequenas (mosca domestica menor ou FANIA CANNICULARIS)..


Resumo curiosidades que leo sobre as moscas: 
  • Camiñan polo teito desafiando a gravidade grazas a unhas substancias adhesivas que  teñen nas patas. Estas son frotadas a miúdo para sacudir as adherencias.
  • Os enxeñeiros aéreos estudan o seu tórax, enormemente flexible, de grande eficiencia aerodinámica.
  • Son difíciles de capturar porque perciben o mundo en cámara lenta. O ollo humano envía á mente uns 60 destelos por segundo, pero as moscas envían catro veces máis. Ademais os seus ollos complexos teñen un campo de visión de case 360º.
  • Cando se aproxima unha borrasca están insoportables porque a presión atmosférica descende, o ar é menos denso e desprazan menos cantidade, polo que lles custa máis traballo voar. Por iso pousan máis a miúdo.
  • Viven entre un e quince días
No seguinte enlace Suso Cubeiro pinta unha mosca co que apaña na casa (1) e a súa filla Xana le amenos comentarios.  https://aulasgalegas.org/debuxa-unha-mosca-que-non-queda-tosca/. Noutras entradas pinta un carballo, un paporrubio...

Ningún comentario:

Publicar un comentario