SERINUS CANARIA DOMESTICA
Os paxaros nas gaiolas danme pena, pero este foi unha herdanza. E non vou mentir, tamén me gusta velo, e tocalo... Asumo a contradición.
Leo que o canario doméstico é unha subespecie desenvolvida dende hai séculos en catividade a partir do silvestre ou salvaxe (Serinus canaria), paseriforme da familia dos frinxílidos, especie endémica en Canarias, Os Azores e Madeira. Non se coñecen poboacións asivestradas..
Este xa non é novo. Chámase Rigoberto e cantaba de marabilla. (Rigoberto en concerto!). Agora está ferido nunha das ás (sufriu unha agresión...) e non canta. Está a tratamento e agardo que se recupere. Boto de menos os seus concertos.



Ningún comentario:
Publicar un comentario