venres, 7 de agosto de 2020

Araña común

TAGENARIA DOMESTICA


Parece ser que é a araña común, que seica aparece nas casas, pero esta estaba no xardín.
Tireina dunha boa tea, moi tupida. Bo tamaño: contando as patas, 3 cm.

Curiosidades que lin sobre as arañas.
  • As finas teas que fabrican, ademais de para cazar os insectos cos que se alimentan, son tan resistentes que nos serven aos humanos para fabricar cordas de violín, fíos para en cirurxías médicas ou adhesivos para enxeñaría submarina.
  • Poden voar, pois, aínda que non teñen ás, desprázanse polo ar aproveitando o vento e as súas teas.
  •   Entre os 40.000 tipos de arañas que se coñecen, só unha, de Centroamérica, é herbívora.
  • A maioría son inofensivas, algunhas producen un sarabullo, e unhas poucas (coma as arañas errantes brasileiras ou a viúva negra...) son letais.
  • Semellan solitarias, pero viven en colonias a milleiros.
  •  Aínda que os aracnofóbicos son unha lexión, non poucos teñen arañas como mascotas. As tarántulas e as arañas lobo son as preferidas.
  • Son moi duras. Viven en todo o planeta, mesmo na Antártida.  En 2012 foron enviadas ao espazo e sobreviviron na nave durante 100 días. Moitas resisten os pesticidas.
  • Elas -e non a realeza- teñen sangue azul, e, a inmensa maioría, oito ollos (pero hainas con seis, catro, dous ou ningún).

Ningún comentario:

Publicar un comentario