luns, 27 de xullo de 2020

Escaravello, crisomélido de Bak

Crisomélido de Bank ou Chrysolina bankii

En Mugardos, 25-3-2020. 

Coleóptero da familia Chrysomelidae. de ampla distribución pero pouco frecuente.
Moi chamativo, de cor moi viva e brillo metalizado, entre verde e dourado. A simple vista era máis luminoso que na imaxe. Apareceu cerca da planta da menta, que parece que lles gusta. Tamén lles gusta a lavanda (témola no xardín), o romeu, o tomiño...



domingo, 26 de xullo de 2020

Escaravello histérido

HISTER QUADRIMACULATUS


En Mugardos, 26-7-2020
Escaravello da familia dos histéridos  Son polífagos e tanto comen materia en descomposición (polo tamto son moi útiles na ciencia forense) como son comensais en formigueiros. Este atopeino rodeado de formigas...
A simple vista parecía un bichiño insignificante, pero na foto sorprendeume a súa beleza.




mércores, 22 de xullo de 2020

Xoaniña amarela

PROPYLEA QUATUORDECIMPUNCTATA


Moi pequeniña (6 mm) e bonitiña coma ela soa. Algúns dos seus puntos únense formando trazos negros.


martes, 21 de xullo de 2020

Cempés común

SCUTIGERA COLEOTRATA 


Os cempés comúns ou domésticos non teñen cen patas, pero si trinta. Son inofensivos para os humanos, pero, coa velocidade que teñen e o veleno paralizante que inoculan coas súas forcípulas (modificacións do primeiro par de patas) poñen a raia a bichos indesexables, coma cascudas, arañas, formigas, termitas...

luns, 20 de xullo de 2020

Carpín dourado

CARASSIUS AURATUS

Carpín dourado, carpín común.

Non foi o peixe máis vistoso, pero si o máis lonxevo e vital. Este durou moitos anos.

Carassius auratus. Carpín dourado-


venres, 17 de xullo de 2020

Gaivota escura

LARUS FUSCUS GRAELLSII

Ave da familia dos láridos, mariña e cosmopolita (isto é, de dustribución global). 
Este, como todos os que veñen a miñudo por casa, é un exemplar adulto. Durante moitos anos pensei erradamente que os exemplares inmaduros eran outra clase de gaivotas.
Hai anos, a unha que viña todos os días polo patio chamabámoslle Lucrecia.

Estas aves teñen moi mala fama no medio urbano, pero a min gústanme e non me molestan nada. Parécenme fermosas. Os seus nomes tamén me gustan. Port: gaivota. It: gabbiano. ing. seagull. Cast: gaviota. Fr: mouette.


Gaivota escura. Mugardos. 26/07/2010

Mugardos, 26-07-2010
Gaivota escura. Porto de Ferrol. 27/08/2010



Saltón verde

TETTIGONIA VIRIDISSIMA

Port:: gafanhoto. Cast:: saltamontes. It:: cavalleta. Ing: grasshopper. Fr: sauterelle.

Saltón verde común, lagosta verde. Mugardos, 15/09/2010
Saltón no cóleo. Mugardos, 15/09/2010