luns, 24 de agosto de 2020

Araña de xardín

ARANEUS DIADEMATUS  (?)

Dinme que é unha araña de xardín, isto é, unha das arañas máis comúns. Pero eu non lembro ver unha araña coma esta. 


xoves, 13 de agosto de 2020

Xoaniña de sete puntas, reirrei

COCCINELLA SEPTEMPUNCTATA

A xoaniña de sete puntas (con élitros vermellos e tres puntos negros a cada lado e un no medio) é a xoaniña máis célebre pois ningunha coma ela nos alegra a vista.
É un nsecto da familia dos Coccinellidae que se utiliza no control biolóxico de pulgóns, dos cales se alimenta vorazmente (100 ao día). É, pois, un insecticida natural. Pero os biocidas empregados en agricultura para o control de pragas, en vez de aliarse con elas, as destrúe. A súa salvación está na agricultura ecolóxica.
Aquí chmámaolas reirrei, pero ten moitos nomes e todoas bonitos: maruxiña, barrosiña, papasol, papoia, voaniña, voíña, xoana...

xoaniña, 18-05-20
xoaniña 2, 18-05-20


 
 

martes, 11 de agosto de 2020

Mosca doméstica menor

FANNIA CANNICULARIS 

A mosca doméstica menor, a que temos máis a miúdo, e, afirtunadamente, a máis pequema das que nos frecuentan. Difícil é tirarlle unha boa foto, porqure non paran de moverse.

Os investigadores andan a argallar un uso beneficioso destes bichos ao utilizalos como "drons biolóxicos" coa función de explorar, isto é, liberalas en espazos pequenos e gretas, e logo de capturadas, analizar os microorganismo que puido capturar nas súas patas adherentes.



luns, 10 de agosto de 2020

Escornabois

LUCANUS CERVUS

Coleóptero escarabeiforme da familia Lucanidae.

É un bicho extraordinario: o escaravello máis grande de Europa. Os adultos só se ven de xuño a agosto. Este é macho, con dúas mandíbulas semellantes a cornos en forma de arco.





Viven nas fragas, nas gretas das cortizas das árbores mortas. Gústanlles os carballos centenarios.
Os machos son moi competitivos. cando loitan polo alimento o sangue non chega ao río. Enlazan os seus cornos e empuxan até que un perde, polo xeral, caenda da árbore. Pero cando loitan por unha femia, a loita é violenta. O vencedor logra aparearse, e pode permanecer encaramado na femia varios días. Logo vaise a facer a súa vida. Logo a femia busca lugares onde poñer os ovos. O proceso larvario dura entre tres e cinco anos.

Canario doméstico

SERINUS CANARIA DOMESTICA 

Os paxaros nas gaiolas danme pena, pero este foi unha herdanza. E non vou mentir, tamén  me gusta velo, e tocalo... Asumo a contradición.


Leo que o canario doméstico é unha subespecie desenvolvida dende hai séculos en catividade a partir do silvestre ou salvaxe (Serinus canaria), paseriforme da familia dos frinxílidos, especie endémica en Canarias, Os Azores e Madeira. Non se coñecen poboacións asivestradas.. 

Este xa non é novo. Chámase Rigoberto e cantaba de marabilla. (Rigoberto en concerto!). Agora está ferido nunha das ás (sufriu unha agresión...) e non canta. Está a tratamento e agardo que se recupere. Boto de menos os seus concertos.






domingo, 9 de agosto de 2020

Avespa

VESPULA VULGARIS

AVESPA COMÜN. avéspora, vespa, nespra.
Artrópdo, insecto, himenóptero.

 

venres, 7 de agosto de 2020

Araña común

TAGENARIA DOMESTICA


Parece ser que é a araña común, que seica aparece nas casas, pero esta estaba no xardín.
Tireina dunha boa tea, moi tupida. Bo tamaño: contando as patas, 3 cm.

Curiosidades que lin sobre as arañas.
  • As finas teas que fabrican, ademais de para cazar os insectos cos que se alimentan, son tan resistentes que nos serven aos humanos para fabricar cordas de violín, fíos para en cirurxías médicas ou adhesivos para enxeñaría submarina.
  • Poden voar, pois, aínda que non teñen ás, desprázanse polo ar aproveitando o vento e as súas teas.
  •   Entre os 40.000 tipos de arañas que se coñecen, só unha, de Centroamérica, é herbívora.
  • A maioría son inofensivas, algunhas producen un sarabullo, e unhas poucas (coma as arañas errantes brasileiras ou a viúva negra...) son letais.
  • Semellan solitarias, pero viven en colonias a milleiros.
  •  Aínda que os aracnofóbicos son unha lexión, non poucos teñen arañas como mascotas. As tarántulas e as arañas lobo son as preferidas.
  • Son moi duras. Viven en todo o planeta, mesmo na Antártida.  En 2012 foron enviadas ao espazo e sobreviviron na nave durante 100 días. Moitas resisten os pesticidas.
  • Elas -e non a realeza- teñen sangue azul, e, a inmensa maioría, oito ollos (pero hainas con seis, catro, dous ou ningún).

sábado, 1 de agosto de 2020

Mosca común

MUSCA DOMESTICA

Mugardos. 26/7/2020
Non me pareceu unha mosca común dado o tamaño que tiña, e segue sen parecermo. Iso é porque as moscas que adoitamos ver aquí son pequenas (mosca domestica menor ou FANIA CANNICULARIS)..


Resumo curiosidades que leo sobre as moscas: 
  • Camiñan polo teito desafiando a gravidade grazas a unhas substancias adhesivas que  teñen nas patas. Estas son frotadas a miúdo para sacudir as adherencias.
  • Os enxeñeiros aéreos estudan o seu tórax, enormemente flexible, de grande eficiencia aerodinámica.
  • Son difíciles de capturar porque perciben o mundo en cámara lenta. O ollo humano envía á mente uns 60 destelos por segundo, pero as moscas envían catro veces máis. Ademais os seus ollos complexos teñen un campo de visión de case 360º.
  • Cando se aproxima unha borrasca están insoportables porque a presión atmosférica descende, o ar é menos denso e desprazan menos cantidade, polo que lles custa máis traballo voar. Por iso pousan máis a miúdo.
  • Viven entre un e quince días
No seguinte enlace Suso Cubeiro pinta unha mosca co que apaña na casa (1) e a súa filla Xana le amenos comentarios.  https://aulasgalegas.org/debuxa-unha-mosca-que-non-queda-tosca/. Noutras entradas pinta un carballo, un paporrubio...

Pedrolo, gurgullo da videira

OTIORHYNCHUS SULCATUS

Pedrolo, gurgullo da videira, gurgullo ou gorgullo negro. 
Mugardos, 26/7/2020.
Artrópodo, insecto, coleóptero. Escaravello da familia dos curculiónidos (Subfamilia: Entiminae).
As súas larvas constitúen unha frecuente praga nos cultivos e poden destruír poderosas raíces. Spn praga das videiras. Os adultos saen de noite e comen plantas de xardín: no reverso da folla van coméndoa polos bordes deixando buracos circulares. Se se senten ameazados déixanse caer pero se caen cara arriba teñen problemas para endereitarse.


luns, 27 de xullo de 2020

Escaravello, crisomélido de Bak

Crisomélido de Bank ou Chrysolina bankii

En Mugardos, 25-3-2020. 

Coleóptero da familia Chrysomelidae. de ampla distribución pero pouco frecuente.
Moi chamativo, de cor moi viva e brillo metalizado, entre verde e dourado. A simple vista era máis luminoso que na imaxe. Apareceu cerca da planta da menta, que parece que lles gusta. Tamén lles gusta a lavanda (témola no xardín), o romeu, o tomiño...



domingo, 26 de xullo de 2020

Escaravello histérido

HISTER QUADRIMACULATUS


En Mugardos, 26-7-2020
Escaravello da familia dos histéridos  Son polífagos e tanto comen materia en descomposición (polo tamto son moi útiles na ciencia forense) como son comensais en formigueiros. Este atopeino rodeado de formigas...
A simple vista parecía un bichiño insignificante, pero na foto sorprendeume a súa beleza.




mércores, 22 de xullo de 2020

Xoaniña amarela

PROPYLEA QUATUORDECIMPUNCTATA


Moi pequeniña (6 mm) e bonitiña coma ela soa. Algúns dos seus puntos únense formando trazos negros.


martes, 21 de xullo de 2020

Cempés común

SCUTIGERA COLEOTRATA 


Os cempés comúns ou domésticos non teñen cen patas, pero si trinta. Son inofensivos para os humanos, pero, coa velocidade que teñen e o veleno paralizante que inoculan coas súas forcípulas (modificacións do primeiro par de patas) poñen a raia a bichos indesexables, coma cascudas, arañas, formigas, termitas...

luns, 20 de xullo de 2020

Carpín dourado

CARASSIUS AURATUS

Carpín dourado, carpín común.

Non foi o peixe máis vistoso, pero si o máis lonxevo e vital. Este durou moitos anos.

Carassius auratus. Carpín dourado-


venres, 17 de xullo de 2020

Gaivota escura

LARUS FUSCUS GRAELLSII

Ave da familia dos láridos, mariña e cosmopolita (isto é, de dustribución global). 
Este, como todos os que veñen a miñudo por casa, é un exemplar adulto. Durante moitos anos pensei erradamente que os exemplares inmaduros eran outra clase de gaivotas.
Hai anos, a unha que viña todos os días polo patio chamabámoslle Lucrecia.

Estas aves teñen moi mala fama no medio urbano, pero a min gústanme e non me molestan nada. Parécenme fermosas. Os seus nomes tamén me gustan. Port: gaivota. It: gabbiano. ing. seagull. Cast: gaviota. Fr: mouette.


Gaivota escura. Mugardos. 26/07/2010

Mugardos, 26-07-2010
Gaivota escura. Porto de Ferrol. 27/08/2010



Saltón verde

TETTIGONIA VIRIDISSIMA

Port:: gafanhoto. Cast:: saltamontes. It:: cavalleta. Ing: grasshopper. Fr: sauterelle.

Saltón verde común, lagosta verde. Mugardos, 15/09/2010
Saltón no cóleo. Mugardos, 15/09/2010